Novas

Novas

xoves 22/12/2011

IX CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS DE NADAL FELICTANOS O NADAL 2011

O Concello de Carral, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, convoca outro ano mais, o concurso  infantil de Postais de Nadal 2011.

Este concurso infantil, que para o ano fará unha década de existencia, conta con 3 categorías, concretamente de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos, e a terceira de 10 a 12 anos.

Todas e todos os nenos que desexen participar, deberán entregar a súa postal de Nadal, na Casa da Cultura, antes do día 30 de decembro. Estas poderán incluír debuxos, recortes, ou o que cada participante desexe, sendo a orixinalidade e a creatividade o mais valorado de cara a seleccionar a postal gañadora en cada categoría. Haberá un gañador por categoría, que recibirá o correspondente premio, ademais de agasallos para todos os participantes.

Os gañadores daranse a coñecer o día 3 de xaneiro, na entrega de premios que se realizará na sala de audiovisuais, na Casa da Cultura, a partir das 16:30 horas. A continuación poderase ver unha película na sesión de cine que hai preparada para despois, rematando, esta edición do IX Concurso Infantil de Postais de Nadal con unha merenda para todos/as os/as participantes.

Para ter mais información ou aclarar calquera dúbida sobre as bases deste concurso pódese chamar ó telefono 981.67.25.80 ou a través de omix@concellocarral.com

voltar
Pululart