Novas
xoves 16/02/2012
Máscaras na biblioteca
A Biblioteca Pública Municipal organiza o venres 17 de febreiro un obradoiro de máscaras. Mascarada de conto é una actividade da ilustradora infantil María Lires que partindo da lectura dun conto, realizará actividades de ilustración ou creación de máscaras, coa participación dos nenos. A actividade desenvolvese a partir das 18:00 horas. O obradoiro ten unha duración de dúas horas e está dirixida a nenos entre 6 e 12 anos de idade, celebrarase na biblioteca municipal na Casa da Cultura.
voltar



