Novas
venres 13/04/2012
"O SEŅOR DAS DUNAS" REPRESENTARASE NO TOŅITO ESPIŅEIRA

O Servizo Municipal de Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellería de Cultura, presentarán a obra “O señor das dunas”, no edificio social Toñito Espiñeira de Carral, o sábado 21 de abril, ás 18 h.
Esta representación pertence ó programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Carral á Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.
A obra componse dun espectáculo dirixido ó público familiar e en especial ós nenos e nenas de educación primaria, no que se combina a animación con area, o teatro e a oralidade.
A entrada ao espectáculo é libre.
voltar



