Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

luns 23/04/2012

O SECRETARIO XERAL DE POLTICA LINGSTICA, VALENTN GARCA, VISITA CARRAL PARA PRESENTAR AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA FALAREDES

O secretario xeral de política lingüística estivo no día de onte no Concello de Carral para presentar as actividades gratuítas do seu novo programa de dinamización -FalaRedes-. Valentín García, acompañado do alcalde José Luís Fernández Mouriño, da concelleira de cultura Mª Isabel López Pérez e de Xulio Amigo, representante da actividade, sinalou que “os concellos que hoxe conforman a Rede de Dinamización Lingüística foron pioneiros na aposta pola posta en marcha dun proxecto amplo dirixido á coordinación e ao aproveitamento das sinerxías e dos recursos na prestación de servizos á cidadanía desde a Administración Local”.

Carral estreará, mañá sábado ás 18.00 horas, no centro administrativo de uso social Toñito Espiñeira, o espectáculo do Señor das dunas. O espectáculo está composto por un contacontos e un ilustrador que debuxa sobre a area as historias a medida que as vai narrando. Trala función cada espectador recibirá como agasallo un libro que recolle os cinco contos da actuación.

15ª edición do Certame de Poesía Concello de Carral

Tamén Valentín García e José Luis Fernández puxeron de relevo algunhas das iniciativas dinamizadoras do Concello como o certame anual de poesía que este ano chega á súa 15ª edición e no que colabora a Consellería de Cultura e Educación, en palabras do secretario xeral “todo un referente xa dentro dos certames literarios galegos no ámbito da Administración local”.

Todas as novidades sobre o programa FalaRedes pódense seguir a través de http://www.xunta.es/linguagalega/falaredes ou nas redes sociais.

voltar
Pululart