Novas
luns 23/04/2012
ACTOS CONMEMORATIVOS DOS MÁRTIRES DE CARRAL
A Asociación Cultural e Teatral “Abril de lume e ferro”, coa colaboración do Concello de Carral, organiza as actividades conmemorativas dos Mártires de Carral, que terá lugar durante os días 27 e 28 de abril co seguinte programa:
Venres 27 de abril de 2012
Edif. Social "Toñito Espiñeira", ás 20:30 h.
Charla "A Revolución de 1846"
A cargo de Xosé R. Veiga (Dpto. de Historia Contemporánea e de América - Facultade de Formación do Profesorado -Universidade de Santiago)
Sábado 28 de abril de 2012
Desde as 20:00 h. FESTA DO BOLO PREÑADO
ás 20:30 h. Ofrenda Floral no Monumento aos Mártires e actuación do Grupo de Baile "CATALMIBRE" de Culleredo
ás 21:00 h. no PAZO DE REBOREDO (Rúa Dr. Eduardo Pérez)
Representación teatral a cargo dos veciños/as de Carral da obra de Manuel María "ABRIL DE LUME E FERRO”
ás 22:00 h. actuación de “A QUENLLA”
ás 23:30 h. Monólogo a cargo de ISABEL RISCO (colaboradora do programa "TOURILANDIA" da TVG)
voltar



