Novas
venres 13/04/2012
CÓNTANOS UN CONTO 2012
A Biblioteca Pública Municipal convoca a XII edición do concurso “Cóntanos un conto”, certame de contos dirixido a nenos de idades comprendidas entre 6 e 15 anos, o prazo para a presentación de traballos rematará o 14 de maio.
BASE
O concurso terá dúas modalidades:
- Nenos/as de 6 a 11 anos
- Nenos/as de 12 a 15 anos
- O tema do conto será o que ti queiras, e a súa extensión non poderá ser menor de 2 folios nen maior de 5.
- O conto terá que estar escrito en lingua galega , e deberás indicar o teu nome, idade e número de teléfono. Non se poden presentar traballos escritos en grupo.
- Valorarase o contido e tamén a orixinalidade na presentación; poderá incluir debuxos, recortes e todo o que se ocorra.
- Haberá dous premios, un por cada modalidade, e todos os participantes recibirides un diploma e distintos agasallos.
- Deberás entregar o teu conto na Biblioteca Munipal, na Casa da Cultura de Carral, antes do 14 de maio de 2012
voltar



