Roteiros culturais

Muiños de Batán

Traxecto curto: 3 Km.
Traxecto meio. 7 Km.
Traxecto longo: 15 Km.


Na parroquia de Beira se atopa un fermoso conxunto de muíños no rio Abelleira polo que circula unha ruta con tres opcións no que respecta á súa lonxitude.
1 - Partimos desde o Mesón de Herves para circular por un dos antigos camiños que se dirixían a Santiago. Pouco antes de chegar á área de recepción do Eco-Museu, podemos optar pola alternativa que ascende o río ata os muíños, ou pola que nos leva directamente ó conxunto etnográfico do Batán. Unha vez visitados os muíños podemos continuar pola opción máis longa da ruta ou volver ó punto de partida.
2 - Os que desexen camiñar polo treito de maior lonxitude atoparán fermosos camiños e entornos naturais, vistas panorámicas e edificacións típicas do Val de Barcia. Preto desta ruta se atopa a Capela de San Pedro de Rubieiro (s.XVI) e o Pazo das Cadeas (no que pasou unha noite María Ana de Neoburgo, prometida de Carlos II, en 1680)
Esta ruta é apta para facer a pé, a cabalo ou en bicicleta, ainda que existen treitos no entorno dos muíños que non están axeitados para o acceso de cabalos ou bicicletas.
Pululart