Roteiros culturais

Camiño Inglés de Santiago

Traxecto primeiro ( A Lameira - Cañás): 4,3 Km.
Traxecto segundo ( O Peito- As Travesas): 4,4 Km.


Este camiño de peregrinación a Santiago é a ruta mais curta e práctica para os procedentes do Oeste e Norte de Europa que tomaban porto en Galicia. O Camiño Inglés ten dúas variantes: unha que parte desde Ferrol e a outra que comenza na Igrexa de Santiago na Coruña. Ámbalas dúas únense nun único treito en Bruma.
A que transcorre por Carral ven desde a cidade herculina e percorre por este municipio en dous traxectos. O primeiro iníciase en A Lameira circulando por estrada asfaltada por Corpo Santo, Sergude e Cañás, atopando polo camiño unha área de descanso en A Lameira, o Río Brexa, arquitectura típica da zona e fermosas paisaxes.
Abandónase Carral para adentrarse en Sarandóns (Concello de Abegondo) e comtemplar a fermosa fachada da casa na que pasou noite Felipe II en 1554, para volver a Carral no Peito de Beira onde nos agarda unha forte pendente.
Durante o ascenso podemos con templar unha vista panorámica das Rías da Coruña, Ares e Ferrol. Cruzamos a estrada C-542 para circular por un carreiro que nos leva cara a Bruma en As Travesas, onde moi preto do camiño contamos con outra área de descanso.
Podemos facer estes percorridos camiñando, a cabalo ou en bicicleta de montaña.
Pululart